Premio a proxectos de arquitectura en madeira
O Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia en colaboración con Pino de Galicia convoca un concurso de premios para os mellores proxectos de arquitectura que empreguen madeira como material preferente na súa execución. A primeira edición destes galardóns pretende recoñecer o labor dos profesionais que empregan madeira nos seus deseños, premiando os mellores proxectos executados na península ibérica con este material entre o 31 de maio de 2023 e o 30 de abril de 2024.
No concurso poderán participar obras que empreguen a madeira en proxectos de nova construción, rehabilitación ou reforma, e en calquera tipoloxía no ámbito da edificación. Tamén se inclúe unha categoría destinada ao deseño de produto (mobiliario, pequena escala, innovación no deseño de marca, etc.). Introdúcese ademais un premio especial para aquelas obras realizadas con madeira local, baixo a Marca de garantía Pino de Galicia. En todos os casos, o premio valora actuacións realizadas dentro da península ibérica (España, Portugal, Andorra e Xibraltar) no período anteriormente indicado.
Bases e máis información aquí