Poda de coníferas e frondosas, videotitoriais e díptico
A Asociación Forestal de Galicia produciu este ano dous videotitoriais sobre poda de árbores forestais para a produción de madeira de alto valor, que contaron co patrocinio de Xera, Axencia Galega da Industria Forestal.
Estes dous vídeos complementan os talleres formativos sobre poda forestal que se impartiron no 2020 e máis un díptico onde se resumen os aspectos máis importantes da poda para a produción de madeira de alto valor, que se pode consultar neste enlace.
Cada vídeo conta con dúas versións, unha en galego e outra en castelán, que se poden visualizar nestes enlaces: