Piñeiro do país resistente ao nematodo
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán acaba de publicar un tríptico anunciando a dispoñibilidade de planta de piñeiro do país (Pinus pinaster) resistente ao nematodo.
No díptico, dispoñible en galego e castelán, infórmase que se seleccionaron un grupo de familias de piñeiro pinaster con alta supervivencia ao nematodo, ademais de presentar unha boa produción de madeira. A semente destes piñeiros, en principio axeitados para practicamente todos os montes galegos, pódese adquirir no centro de sementes forestais, Viveiros Xunta de Galicia-Semfor, dependente da Consellería do Medio Rural, situado en Carballo (Bértoa, s/n). Tamén se pode comprar a planta (con etiqueta rosa) naqueles viveiros privados que a teñan a disposición.
Pode consultar o tríptico en galego aquí e en castelán aquí.
Máis información no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, 986 805 004 e infolourizan.mr@xunta.gal.