Os montes veciñais en man común serán xestionados de forma cautelar pola Consellería do Medio Rural en dúas circunstancias:
Por extinción ou desaparición da comunidade de veciños titular do monte;
Cando sexa declarada a situación de estado de grave abandono.
Tamén procederá unha xestión cautelar cando a entidade xestora do Banco de Terras de Galicia informe de que existen razóns obxectivas de índole técnico que non permitan ou limiten, total ou parcialmente, o aproveitamento forestal do monte.
A xestión cautelar, en todo caso, pode ser levada a cabo pola propia Administración ou por sociedades instrumentais do sector público autonómico.
Esta web usa cookies para asegurarse de ofrecer a mellor experiencia de usuario. Por favor, preme no botón "Acepto" para continuar navegando por esta web. Gracias!AceptoPolítica de cookies