Os danos dos animais nas plantacións de piñeiro, no último número do boletín ForManRisk
Publicado o boletín número 5 e derradeiro do proxecto de cooperación transfronteiriza Interreg Sudoe ForManRisk no que participa a Asociación Forestal de Galicia.
Neste último número faise un resumo do seminario que tivo lugar o pasado mes de febreiro en Galicia e Portugal, os cursos de formación sobre o método ARCHI que desenvolveu o Instituto Mediterráneo da Cortiza en Francia e Portugal, os últimos avances na mellora xenética do piñeiro pinaster no INRAE e un artigo sobre os danos dos animais nas plantacións de Pinus pinaster en Galicia.
Neste artigo faise un preséntanse os danos ocasionados pola fauna cinexética, o gando e os paxaros aos novos poboamentos de piñeiro e as indicacións para previr algúns deses danos.
Pódese acceder á versión en castelán do boletín neste enlace; á súa versión portuguesa neste outro e á francesa aquí.
O proxecto ForManRisk está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg V-B Europa Suroccidental (SUDOE 2014-2020) e nel participan como socios: Office National des Forêts (ONF), líder do proxecto; Institut Méditerranéen du Liège (IML); Institut National de Recherche pour l’Agriculture, l’Alimentation et l’Environnement (INRAE); Gistree, Sistemas de Informação Geográfica, Floresta e Ambiente, Lda. (Gistree); Sociedad Aragonesa de Gestión Agroambiental (SARGA); Consorci Centre de Ciència i Tecnologia Forestal de Catalunya (CTFC); Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro (UTAD) e Asociación Forestal de Galicia (AFG).