O estado dos bosques de Europa en 2025
O informe «O estado dos bosques de Europa» publícase cada cinco anos e describe a evolución da xestión forestal sostible (XFS) en Europa, baseándose nunha serie de indicadores que se axustan aos criterios acordados a nivel paneuropeo polos 45 Estados signatarios. Este informe emprégase, entre outras cousas, para a elaboración de políticas baseadas en datos empíricos mediante o seguimento das tendencias a longo prazo nos bosques e a silvicultura europeos, a identificación dos retos que xorden e as respostas aos xa existentes.
O último informe dispoñible que pode lerse na súa versión en inglés neste enlace, recolle os seguintes datos:
- A superficie forestal en Europa continúa aumentando, inda que a un ritmo máis lento, debido, entre outras cousas ao aumento das cortas e dos danos nas masas boscosas.
- O 81 % del incremento neto anual destínase á corta, maiormente feita dentro dunha xestión forestal sostible.
- A composición por especies é cada vez más diversa.
- A maioría dos bosques europeos rexenéranse de forma natural
- A madeira morta aumenta continuamente.
- O índice de aves forestais común aumentou moderadamente nun 3 % desde 2020.
- A contribución do sector forestal europeo ao PIB mantense estable, mentres que o emprego no sector forestal está diminuíndo (debido, entre outros, á mecanización e a dixitalización dos procesos e as operación forestais).
Estes indicadores, xunto con outros que tamén foron recollidos, amosan que a pesar do do aumento da frecuencia e o impacto das perturbacións naturais debidas ao cambio climático, e da maior complexidade á hora de tomar decisións en materia de xestión forestal sostible, os bosques seguen desempeñando a súa función multifuncional e achegando os numerosos beneficios económicos, medioambientais e sociais que a sociedade espera deles. Só se ve cuestionada a función social relacionada coa creación de emprego, como ocorre na maioría dos sectores económicos de Europa.

