NaturSmart.- Cursos de marketing e emprendemento rural en Lugo e Ourense
O sector forestal, a agricultura, a gandería, a transformación de alimentos, a comunicación dixital, as rutas de natureza ou gastronómicas, os aloxamentos rurais, a restauración, cosmética natural e o coidado persoal, o tempo libre, as artesanías, o deporte, o comercio minorista, os servizos persoais, os oficios, as experiencias, o asesoramento a empresas, os servizos inmobiliarios, etc. Todos estes sectores/actividades poden desenvolverse con éxito na contorna rural.
Para facilitar a posta en marcha destas iniciativas, o proxecto NaturSmart propón dous cursos de formación para personas emprendedoras no medio rural, un orientado ao márketing dixital e outro, máis específico, de emprendemento rural.
O obxectivo do Curso de márketing e marca persoal é coñecer aspectos clave para a promoción e venda dixital de produtos e servizos, así como aprender a utilizar as ferramentas dixitais para a promoción e márketing dixital, recoñecendo e identificando as ferramentas de análise de datos aplicadas ao márketing dixital e as oportunidades que este ofrece a profesionais e empresas situadas na contorna rural..
O obxectivo do Curso de emprendemento rural é dar a coñecer e identificar os aspectos claves para afrontar un proxecto de emprendemento adaptado a este medio, con algunhas peculiaridades, reducindo na medida do posible o risco para a persoa emprendedora, así como coñecer e aplicar a metodoloxía de Modelo de Negocio (MdN), e identificar e desenvolver habilidades esenciais para afrontar proxectos de emprendemento no medio rural, coñecendo e aplicando conceptos financeiros básicos para un proxecto de emprendemento.
O fin último é que a persoa que finalice os cursos dispoña do coñecemento suficiente para afrontar o proceso de emprendemento co menor risco posible, identificando as oportunidades e o valor dos recursos que ofrece o ámbito rural e, ademais, saber manexar as ferramentas de marketing dixital para dar a coñecer o seu proxecto, produto ou servizos entre o seu público obxectivo, podendo analizar os resultados das súas campañas para a mellora continua e a obtención de maiores ingresos.
O alumnado presentará un proxecto real ou ficticio para desenvolver ao longo dos cursos, e achegará datos e ferramentas que faciliten o deseño, planificación, execución e análise de cada proxecto de márketing e emprendemento para reducir os riscos e o tempo necesario ata a conversión do emprendemento en empresa rendible e sostible economicamente. Espérase que se cree polo menos un posto de traballo na contorna da comarca de Quiroga e do Carballiño.
ESTRUTURA DOS CURSOS
Os cursos impartiranse en catro sesións de 2,5 horas de duración que se ofrecerán a través da aula virtual en plataforma de aprendizaxe (LMS) – Academia de sostibilidade, https://academiadesostenibilidad.mybrainspro.com/. Ademais, poñeranse a disposición do alumnado contidos para o seguimento das sesións e a realización de prácticas.
Ao remate de cada sesión propoñerase ás persoas participantes unhas tarefas para o desenvolvemento dos proxectos persoais ou simulacións. As diferentes tarefas de cada sesión teranse en conta para a avaliación ao final do curso.
Tamén se prevé realizar unha avaliación inicial dos proxectos ou das simulacións (que se vaian traballar) ao comezo do curso e outra ao finalizar de forma que se poidan apreciar e consolidar os resultados da aprendizaxe.
Estrutura
O curso componse de 4 módulos coa seguinte estrutura:
Id | Contido | Horas | Nº mod | Totais |
1 | Sesión presencial | 2,50 h | 4 | 10 h |
2 | Foro do curso. | |||
3 | Contido adicional á sesión. Entre 15 e 20 slides. | 1,50 h | 4 | 6 h |
4 | Actividades do módulo. | 1,00 h | 4 | 4 h |
5 |
Test do módulo. 10 cuestións con 3 respostas posibles. Haberá 10 intentos. |
0,25 h |
4 |
1 h |
Total horas | 21 h |
Contido do Curso de márketing dixital
- A estratexia de márketing para empresas do medio rural.
- O escaparate dixital da empresa.
- Márketing de contidos e márketing de embaixadores.
- Campañas de márketing dixital.
Contido do Curso de emprendemento rural
- Fase I. Introdución ao emprendemento. Modelo de emprendemento rural
- Fase II. Lanzamento do proxecto.
- Fase III. Desenvolvemento do proxecto de emprendemento.
- Fase IV. Implantación no mercado.
Relator: Gerónimo Sánchez. (experiencia de máis de 25 anos en emprendemento rural. Relator principal das edicións de curso de emprendemento da Rede Rural Nacional e asesor externo da Fundación Agroecosistema) e Daniel Escribano, experto en márketing dixital que conta con experiencia de 29 anos en desenvolvemento de proxectos de internet. Encargarase de despregar a estratexia de márketing utilizando todos os medios dispoñibles.
Tras as fases do curso levaranse a cabo catro sesións de acompañamento en cada unha en diferentes localidades das zonas piloto do proxecto (Ourense, Lugo, León, Segovia e Cuenca).
As sesións serán os martes 6, 13, 20 y 27 de maio de 2025, de 17.00–19.30 h (hora peninsular española) e proximamente informarase da hora e lugar de cada un deles.
A inscrición é gratuíta e pódese facer no enlace: https://surl.li/wyltsy
NATUR-SMART conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.