NaturSmart.- Avanzamos na constitución dunha agrupación forestal en Piñor
Seguimos traballando no proxecto NaturSmart, esta vez avanzando coa medida A7, impulsando a creación dunha agrupación forestal na zona piloto de Piñor (Ourense).
Esta acción en Galicia está liderada pola Asociación Forestal de Galicia á que nesta ocasión se sumou un sociólogo da Universidade de Vigo, colaborador do grupo de investigación da IUFOR da Universidade de Valladolid, socia tamén do proxecto NaturSmart.
Á reunión asistiu un grupo de 8 persoas propietarias forestais que foron informadas da marcha dos traballos na zona piloto: os avances feitos en cartografía e planimetría coa identificación dos estratos das diferentes áreas de intervención en monte.
Aproveitouse para facer moito fincapé nas vantaxes que ten para a xestión do territorio unha agrupación forestal, non só para mellorar a produción forestal, se non para aumentar a mecanización dos traballos silvícolas, restaurar e conservar os ecosistemas forestais, diminuír o abandono e consecuente risco de incendio, paliar o minifundismo, favorecer a planificación e a capitalización da actividade silvícola.
O proxecto NATUR-SMART pretende conservar e mobilizar os servizos ecosistémicos agroforestais mediante la creación dun modelo de xestión integral e sostible que aumente a biodiversidade, a resistencia e a resiliencia das masas, entre outros.
En Galicia a Asociación Forestal de Galicia está traballando en dúas zonas piloto nos concellos de Piñor (Ourense) e Folgoso do Courel (Lugo).
NATUR-SMART conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.