NATUR-SMART.- Encontros sobre asociacionismo no mes de xullo
Dentro do proxecto NATUR-SMART “Conservación da biodiversidade a través de modelos de xestión agroforestal integrais e a creación de redes de tecido asociativo con enfoque de xénero”, a Universidade de Valladolid e a Fundación Agroecosistema, co apoio de COSE e a Asociación Forestal de Galicia, organizan o 22 e 23 de xullo de 2025 senllos encontros de axentes locais e asociacións en Folgoso do Courel e O Carballiño para a identificación de iniciativas singulares e boas prácticas en materia de asociacionismo e tamén sobre marketing dixital.
Todas aquelas persoas que teñan unha experiencia para compartir ou ganas de aprender sobre os temas que se van tratar, están convidadas a asistir.
Os encontros terán lugar:
- O 22 de xullo ás 17:30 h no Salón multiusos do Concello de Folgoso do Courel
- O 23 de xullo ás 17:30 h no Centro Sociocomunitario do Carballiño
A asistencia é libre e gratuíta pero requírese inscrición previa nos teléfonos 981 564 011 e 618 752 214 ou no enderezo electrónico afg@asociacionforestal.org.
NATUR-SMART conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Este proxecto é unha iniciativa liderada pola COSE (Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España) na que tamén participan a Universidade de Valladolid, a Universidade de Salamanca, a Asociación Forestal de Galicia, FAFCYLE (Federación de las Asociaciones Forestales de Castilla y León) e a Fundación Agroecosistema.
Para máis información sobre o proxecto NATUR-SMART prema aquí.
Cartel e programa do encontro en Folgoso
Cartel e programa do encontro no Carballiño

![]()

