NATUR-SMART.- Oferta de licitación traballos forestais na zona piloto V de Piñor (Ourense)
A Asociación Forestal de Galicia saca unha oferta de licitación dos traballos de silvicultura que hai que realizar na zona piloto V de Piñor (Ourense) dentro do proxecto NATUR-SMART.
O orzamento máximo é de 39 000 € (IVE 21 % non incluído), cun prazo de execución de 4 meses.
Os traballos teñen como obxectivos, entre outros, consolidar unha masa de piñeiro de calidade, mediante rareos selectivos e podas; favorecer a instalación de especies frondosas, así como a súa consolidación mediante rozas selectivas e podas manuais e reducir a biomasa de porte arbustivo para minimizar os efectos de posibles incendios forestais; a eliminación de especies invasoras como a acacia ou mimosa e mantemento e recuperación de camiños e pistas forestais.
Para máis información sobre os traballos incluídos neste lote de licitación e o modelo de presentación de propostas, pódese consultar a oferta de licitación.
- Oferta de licitación (data de publicación: 30/05/2025)
- Modelo de presentación de oferta (data de publicación: 30/05/2025)
- Modelo de declaración responsable (data de publicación: 30/05/2025)
Co proxecto NATUR-SMART (natureza intelixente) preténdese ofrecer diferentes exemplos de como se pode recuperar a actividade agroforestal en territorios abandonados ou en proceso de abandono, como un último esfuerzo para revertir esta tendencia cando inda quedan posibilidades.
NATUR-SMART conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

![]()

