NATUR-SMART.- Oferta de licitación traballos forestais na zona piloto IV de Folgoso do Courel (Lugo)
A Asociación Forestal de Galicia saca unha oferta de licitación dos traballos de silvicultura que hai que realizar na zona piloto IV de Folgoso do Courel (Lugo) dentro do proxecto NATUR-SMART.
O orzamento base de licitación 20 000 € (IVE 21 % non incluido). O prazo de execución é de 2 meses en xeral e 3 meses para a instalación da planta.
Os traballos teñen como obxectivo: a sementeira de reforzo do rexenerado do piñeiro, o aproveitamento de madeira e biomasa de piñeiro, a repoboación de piñeiro de Oregón, a instalación de cultivo de plantas aromáticas-medicinais, a sega-roza de recuperación dun pasteiro, a roza, selección de abrochos e poda de frondosas e o acondicionamento dun carreiro antigo.
Para máis información sobre os traballos incluídos neste lote de licitación e o modelo de presentación de propostas, pódese consultar a oferta de licitación.
- Oferta de licitación (data de publicación: 25/06/2025)
- Modelo de presentación de oferta (data de publicación: 25/06/2025)
- Modelo de declaración responsable (data de publicación: 25/06/2025)
O prazo de presentación de ofertas é do 26 de xuño ao 15 de xullo de 2025.
Co proxecto NATUR-SMART (natureza intelixente) preténdese ofrecer diferentes exemplos de como se pode recuperar a actividade agroforestal en territorios abandonados ou en proceso de abandono, como un último esfuerzo para revertir esta tendencia cando inda quedan posibilidades.
NATUR-SMART conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

![]()

