ForManRisk.- Xestión forestal e riscos naturais. Novo boletín de noticias
Sae un novo boletín do proxecto ForManRisk, o número 4, no que se recolle o último encontro de socios que tivo lugar en outubro de 2022en Cataluña, concretamente na duna continental de Girona onde o Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña está levando a cabo os experimentos encadrados dentro deste proxecto.
Asemade o boletín resume o traballo feito por outros dous socios do proxecto, a Sociedade Aragonesa de Xestión Agroambiental (SARGA) e o francés Instituto Mediterráneo do Corcho (IML), para rematar anunciando o próximo encontro que terá lugar entre o 17 e 19 de xaneiro en Lourizán (Pontevedra) e Vila Real (Portugal).
Pódese descargar o boletín neste enlace.
Pódense consultar os tres outros números neste outro enlace.
ForManRisk- Xestión forestal e riscos naturais é unha iniciativa de cooperación internacional de investigación e desenvolvemento de ferramentas para a prevención dos riscos do monte no contexto do cambio climático. Conta cunha cofinanciación do 75 % de fondos FEDER do programa Interreg SUDOE e nel participan oito entidades, públicas e privadas, de España, Portugal e Francia: Office National des Forêts (entidade coordinadora), Institut Méditerranéen du Liège, Institut National de Recherche pour l’Agriculture, l’Alimentation et l’Environnement, Gistree, Sociedad Aragonesa de Gestión Agroambiental, Asociación Forestal de Galicia, Centro de Ciència i Tecnologia Forestal de Catalunya, Diputación de Ávila y Universidad de Tras-os-Montes e Alto Douro.