ForestED.- Taller de formación para xestores de montes privados no Incio
A Asociación Forestal de Galicia, en colaboración co concello do Incio e dentro do proxecto ForestED, organiza venres 16 de maio de 2025 un taller sobre o aproveitamento das frondosas caducifolias que terá lugar no Salón de usos múltiples do Concello e que desenvolverá o seguinte programa:
- ForestED: madeira de frondosas para usos innovadores na edificación por Antonio Rigueiro Rodríguez, presidente da Asociación Forestal de Galicia.
- A potencialidade do uso da madeira de frondosas na construción, por María Belén Feijóo Lombao, arquitecta da Plataforma de Enxeñexaría da Madeira Estrutural, da Universidade de Santiago de Compostela.
- As agrupacións forestais de xestión conxunta, por Daniel Rodríguez Cebreiro, director económico da Asociación Forestal de Galicia.
- Coloquio e preguntas.
O proxecto ForestED ten como finalidade a obtención de novos produtos de madeira a partir de frondosas caducifolias e coníferas hoxe en día pouco consideradas a nivel comercial. O obxectivo é xerar produtos para a edificación, tanto estruturais como non estruturais (carpintería de interiores, exteriores, etc.) e para mobiliario urbano.
ForestED é unha iniciativa liderada polo Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña, que conta coa participación do Consorci Forestal de Catalunya, do Centro de Ciencia y Tecnología Forestal de Cataluña e da Asociación Forestal de Galicia.
Dentro das accións desenvolvidas neste proxecto seleccionáronse tres montes obxecto de estudo en Galicia un en Zas, outro en Boqueixón e un terceiro no Incio, concretamente na parroquia de Laiosa. Neste monte de Laiosa, seleccionouse unha masa de carballo onde se fixo unha corta selectiva de pés que foron enviados a Cataluña para a súa análise, experimentación e transformación por parte dos socios tecnolóxicos do proxecto ForestED, o Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña e o Centro de Ciencia e Tecnoloxía Forestal de Cataluña.
A xornada programada para venres 16 de maio no salón de usos múltiples do concello do Incio é aberta a todas as persoas propietarias e xestoras forestais que estean interesadas na xestión forestal e nas posibilidades do aproveitamento da madeira para a construción así como nas vantaxes das agrupación forestais de xestión conxunta.
A asistencia é libre e gratuíta pero requírese inscrición previa nos teléfonos 981 564 011, 618 752 214 ou no enderezo electrónico afg@asociacionforestal.org.
Este proxecto é unha iniciativa liderada polo Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña que conta coa participación do Consorci Forestal de Catalunya, do Centro de Ciencia y Tecnología Forestal de Cataluña e da Asociación Forestal de Galicia.
ForestED conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
![]()
![]()

