ForestED.- Prototipos
Ao longo do mes de agosto e setembro foron vendo a luz algúns dos prototipos desenvolvidos no Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña coa madeira procedente dos montes galegos e cataláns, cortada dentro do proxecto ForestED, que amosan como a xestión forestal sostible pode transformar frondosas e coníferas hoxe pouco aproveitadas en produtos para a construción e o deseño.
O obxectivo é claro: engadir valor aos montes e impulsar o uso de materiais sostibles e descarbonizantes, conectando arquitectura, territorio e bosque.
Nos seguintes enlaces pódese acceder a máis información sobre cada un dos catro prototipos:
Flexbrick Raw wood bench
Chaise Longue Cora-node
Estes e outros prototipos poderán verse nunha exposición itinerante que terá lugar nas seguintes localidades e datas:
Barcelona, do 5 ao 16 de novembro no Edifici MUHBA Oliva Artés (Carrer d’Espronceda, nº 142-146, Sant Martí).
Madrid, do 21 ao 30 de novembro, na Escola Técnica Superior de Arquitectura (Avenida Juan de Herrera, nº 4).
Pontevedra, do 9 ao 21 de decembro, na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (Campus Universitario da Xunqueira).
O proxecto ForestED ten como finalidade a obtención de novos produtos de madeira a partir de frondosas caducifolias e coníferas hoxe en día pouco consideradas a nivel comercial. O obxectivo é xerar produtos para a edificación, tanto estruturais como non estruturais (carpintería de interiores, exteriores, etc.) e para mobiliario urbano.
ForestED é unha iniciativa liderada polo Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña, que conta coa participación do Consorci Forestal de Catalunya, do Centro de Ciencia y Tecnología Forestal de Cataluña e da Asociación Forestal de Galicia; e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
![]()
![]()

