ForestED.- Inauguración da exposición itinerante
O pasado mércores 5 de novembro participamos na xornada de inauguración da exposición final itinerante do proxecto FORESTED en Barcelona. A Asociación Forestal de Galicia estivo representada polo seu presidente Antonio Rigueiro Rodríguez que tamén interveu como relator na xornada.
Nesta exposición móstranse, entre outros, os prototipos de pezas de madeira para múltiples usos que se crearon a partir das madeiras extraídas dos montes galegos e cataláns. O obxectivo foi demostrar a utilidade de trozas que habitualmente son desbotadas pola industria pola súa mala conformación ou por tratarse de especies non apreciadas para usos industriais. No caso galego, experimentouse con madeira de bidueiro, carballo e castiñeiro, extraída de montes dos concellos de Zas, Boqueixón e O Incio.
A exposición itinerante estará aberta ata o 16 de novembro en Barcelona (MUHBA Oliva Artés), en Madrid entre o 21 e o 30 de novembro (Escuela Técnica Superior de Arquitectura) e o abrirá as súas portas en Pontevedra o 10 de decembro naEscola de Enxeñaría Forestal, onde permanecerá aberta ata o 21 de decembro.
ForestED é unha iniciativa liderada polo Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña, en la que participan el Consorci Forestal de Catalunya, o Centro de Ciencia y Tecnología Forestal de Cataluña e a Asociación Forestal de Galicia; e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
![]()
![]()

