PRAZAS COMPLETAS
Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo do Pico Sacro, a Asociación Forestal de Galicia, en colaboración coa empresa Hifas da Terra, vai organizar tres talleres sobre silvicultura do castiñeiro para a produción de madeira, cogomelos e castaña.
O primeiro destes talleres centrarase na silvicultura do castiñeiro e micorrización, terá lugar sábado 11 de decembro ás 10:00 horas na sede da empresas Hifas da Terra (Pontevedra) será impartido por técnicos expertos na materia , de acordo co seguinte programa:
9.30 a 10.00 h Recepción de participantes
Inscrición
O taller é gratuíto, pero todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán comunicalo previamente á oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).
Promove
INDITEX