Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo de Castelo, a Asociación Forestal de Galicia organiza un taller de poda de castiñeiro para a produción de madeira de alto valor.
A cita será ás 17 h na entrada na pista polideportiva de Castelo (Culleredo) que se pode localizar neste enlace.
Inscrición
O taller é gratuíto, pero todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente na oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).