Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo do Pico Sacro, a Asociación Forestal de Galicia organiza un taller de poda de castiñeiro para a produción de castaña.
O taller é gratuíto, será impartido por persoa experta na poda de castiñeiro para froito e terá lugar venres 6 de agosto ás 17:00 horas no Monte demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón), de acordo co seguinte programa:
17:00 h – 17:30 h SESIÓN TEÓRICA
17:30 h – 19:30 h SESIÓN PRÁCTICA
Inscrición
Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán comunicalo previamente á oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).