Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo do Pico Sacro, a Asociación Forestal de Galicia organiza un taller de poda de formación de castiñeiro e nogueira para a produción de madeira de alto valor.
O taller é gratuíto, será impartido polo enxeñeiro director da AFG, Francisco Dans del Valle, e terá lugar no Monte demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón).
Debido ao falecemento do ex presidente da Asociación Forestal de Galicia, Xosé Represas Giráldez, o curso cambiarase do 25 de maio ao martes 1 de xuño de 2021.
Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán poñerse en contacto previo coa oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).