PRAZAS COMPLETAS
Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo do Pico Sacro e en colaboración coa empresa Hifas da Terra, a Asociación Forestal de Galicia, co patrocinio de Inditex, organiza tres talleres de silvicultura do castiñeiro para a produción de madeira, cogomelos e castaña.
O segundo taller terá lugar venres 11 de marzo de 2022 e desenvolverase entre as 16:15 e as 19:30 h de acordo co seguinte programa:
16:00 a 16:15 h Recepción de participantes no Centro de Interpretación do Pico Sacro
SESIÓN TEÓRICA (1 h)
SESIÓN PRÁCTICA (2 h)
Inscrición
O taller é gratuíto, pero todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán comunicalo previamente á oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).
Promove
INDITEX