A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 2 lotes nos montes de Xermade (Lugo) de Gandía, Tarabela e Coto da Gaita.
A apertura de plicas, levarase a cabo venres día 14 de outubro de 2022 ás 19:00 horas na casa situada no lugar de Gandia nº 5 (Lousada, Xermade). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse dende o día 16 de setembro ata o 14 de outubro de 2022, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, situada na rúa do Vilar, nº 33, 1º en Santiago de Compostela, en horario de 9:00 a 14:00 h.
Máis información: