A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 1 lote na Agrupación Forestal de Momán (Xermade).
A apertura de plicas, levarase a cabo luns 2 de xuño de 2025 ás 19:00 horas no local social da entidade situado en O Campo da Feira (Xermade). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
As ofertas presentáranse ata as 14:00 horas do venres día 30 de maio de 2025, na oficina da AFG en Santiago de Compostela sita na Rúa do Vilar 33, 1º en horario de 9:00 a 14:00 horas sendo válidas todas as ofertas presentadas en man ou recibidas por correo certificado ou mensaxería, antes das 14:00 horas do venres 30 de maio. Despois das 14:00 horas non se recollerá ningunha oferta.
Máis información: