Cargando eventos

« Todos eventos

Poxa de aproveitamentos madeirables en Tui

26 Novembro/20:00 - 20:30

A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 2 lotes na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Randufe (Tui).

A poxa celebrarase o xoves 26 de novembro de 2026 ás 20:00 horas no Centro Cultural de Randufe. A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes. Polo mero feito de presentarse á poxa aceptan expresamente todas condicións xerais e do aproveitamento descritas no prego e o resultado do procedemento de apertura de plicas.

As ofertas presentaranse dende o día 23 de novembro ata o día 26 de novembro de 2026, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, sita no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas), en
horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.

Máis información:

Anuncio poxa e prego de condicións

 

 

Detalles

Recinto

  • Centro Cultural de Randufe
  • Asociacion Cultural Randufe
    Tui, Pontevedra 36713 Spain
    + Mapa de Google