A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de nove lotes nas Comunidadee de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Porriño (Porriño), Filgueira e Quintela (Crecente), Santa María de Salceda e Entenza (Salceda de Caselas) e Moscoso (Pazos de Borbén).
A apertura de plicas, levarase a cabo venres día 15 de xullo de 2022 ás 20:00 horas no Centro
Cultural Xinzo (Ponteareas). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse dende o día 28 de xuño ata o día 15 de xullo
de 2022, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, sita no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas), en horario de 8:00 a 15:00 h.
Máis información: