A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 2 lotes nas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Xinzo (Ponteareas) e Sabaxáns (Mondariz).
A apertura de plicas, levarase a cabo xoves día 23 de maio de 2024 ás 20:00 horas no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse dende o día 16 de maio ata o día 23 de maio de 2024, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, sita no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas), en horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h
Máis información: