
A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 1 lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parderrubias (Salceda de Caselas).
A apertura de plicas, levarase a cabo martes día 18 de novembro de 2025 ás 20:15 horas no Centro Cultural de Parderrubias (Salceda de Caselas). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
As ofertas presentaranse dende o día 10 de novembro ata o día 18 de novembro de 2025, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, sita no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas), en horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
Máis información: