Cargando eventos

« Todos eventos

Poxa de aproveitamentos madeirables en Ponte Caldelas

13 Novembro/17:30 - 18:00

A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 1 lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Forzáns (Ponte Caldelas).

A poxa celebrarase o venres 13 de novembro de 2026 ás 17:30 horas no local social da entidade situado na parroquia de Forzáns (Ponte Caldelas). A asistencia dos licitadores é opcional, se ben, polo mero feito de presentarse á poxa aceptan expresamente todas condicións xerais e do aproveitamento descritas neste prego e o resultado do procedemento de apertura de plicas.

As ofertas presentáranse ata as 14:00 horas do venres 13 de novembro de 2026, na oficina da AFG en Pontevedra situada no Centro Cultural de Santa María de Xeve, en horario de 9:00 a 14:00 sendo válidas todas as ofertas presentadas en man ou recibidas por correo certificado ou mensaxería, antes das 14:00 horas do venres 13 de novembro. Despois das 14:00 horas non se recollerá ningunha oferta.

Máis información:

Anuncio poxa

Prego de condicións

 

Detalles

Recinto

  • Local Social da CMVMC de Forzáns
  • Lugar Forzans, 34, 36853, Pontevedra
    Ponte Caldelas, Pontevedra 36853 Spain
    + Mapa de Google