
A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 1 lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camboño (Lousame).
A poxa celebrarase o martes 3 de novembro de 2026 ás 19:30 horas no local social da entidade situado no lugar de Camboño (Lousame). A asistencia dos licitadores é opcional, se ben, polo mero feito de presentarse á poxa aceptan expresamente todas condicións xerais e do aproveitamento descritas no prego de condicións e o resultado do procedemento de apertura de plicas.
As ofertas presentáranse ata as 14:00 horas do martes 3 de novembro de 2026, na oficina da AFG en Santiago de Compostela situada na rúa do Vilar, nº 33, 1º en horario de 9:00 a 14:00 horas sendo válidas todas as ofertas presentadas en man ou recibidas por correo certificado ou mensaxería, antes das 14:00 horas do martes 3 de novembro. Despois das 14:00 horas non se recollerá ningunha oferta.
Máis información: