Cargando eventos

« Todos eventos

Poxa de aproveitamentos madeirables en Lalín

18 Novembro/17:30 - 18:00

A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 1 lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Busto (Lalín).

A poxa celebrarase o mércores 18 de novembro de 2026 ás 17:30 horas no local social da entidade situado no lugar de Caxide, nº 1, da parroquia de Busto (Lalín). A asistencia dos licitadores é opcional, se ben, polo mero feito de presentarse á poxa aceptan expresamente todas condicións xerais e do aproveitamento descritas neste prego, así como, aquelas sinaladas no prego de prescricións técnicas e no manual de boas prácticas elaborados pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación para cada un dos lotes (e que xuntan como parte da documentación) e o resultado do procedemento de apertura de plicas.

As ofertas presentáranse ata as 14:00 horas do mércores día 18 de novembro de 2026, na oficina da AFG en Pontevedra sita no Centro Cultural de Santa María de Xeve, en horario de 9:00 a 14:00 h sendo válidas todas as ofertas presentadas en man ou recibidas por correo certificado ou mensaxería, antes das 14:00 horas do mércores 18 de novembro. Despois das 14:00 horas non se recollerá ningunha oferta..

Máis información:

Plano de situación

Anuncio poxa

Prego de condicións

 

Detalles

Recinto

  • Centro Cultural de Busto
  • 36512 Busto, Pontevedra
    Lalín, Pontevedra 36512 Spain
    + Mapa de Google