Vindeiros eventos – Asociación Forestal de Galicia

Cargando eventos

« Todos eventos

Poxa de aproveitamentos madeirables en Ferrol

6 Novembro/17:30 - 18:00

A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 1 lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xurxo (Ferrol).

A poxa celebrarase o venres 6 de novembro de 2026 ás 17:30 horas no local social da entidade situado na parroquia de San Xurxo (Ferrol). A asistencia dos licitadores é opcional, se ben, polo mero feito de presentarse á poxa aceptan expresamente todas condicións xerais e do aproveitamento descritas no prego de condicións e o resultado do procedemento de apertura de plicas.

As ofertas presentáranse ata as 14:00 horas do venres 6 de novembro de 2026, na oficina da AFG en Santiago de Compostela situada na rúa do Vilar, nº 33, 1º en horario de 9:00 a 14:00 horas sendo válidas todas as ofertas presentadas en man ou recibidas por correo certificado ou mensaxería, antes das 14:00 horas do martes 3 de novembro. Despois das 14:00 horas non se recollerá ningunha oferta.

Máis información:

Anuncio poxa

Prego de condicións

 

Detalles

Data:
6 de novembro
Hora:
17:30 - 18:00
Categoría dos evento:
,
evento Etiquetas:
,

Recinto

Local Social de San Xurxo
Vila Área Núcleo, 26, 15592 Vila Da Area, A Coruña
Vila da Area, A Coruña 15592 Spain
+ Mapa de Google
    Oficinas centráis
    Rúa do Vilar, nº 33, 1º 15705 Santiago de Compostela
    981 564 011
    Oficinas Xinzo-Ponteareas
    Centro Cultural Xinzo, Portela, nº 34, 36891 Ponteareas.
    986 660 864