
A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 1 lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Castelo (Culleredo).
A apertura de plicas, levarase a cabo mércores 19 de novembro de 2025 ás 18:30 horas no local social da CMVMC de Castelo situado no lugar de A Folgueira (Culleredo). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicado o lote.
As ofertas presentaranse ata as 14:00 horas do mércores día 19 de novembro de 2025, na oficina da AFG en Santiago de Compostela sita na rúa do Vilar 33, 1º en horario de 9:00 a 14:00 horas sendo válidas todas as ofertas presentadas en man ou recibidas por correo certificado ou mensaxería, antes das 14:00 horas do mércores 19 de novembro. Despois das 14:00 horas non se recollerá ningunha oferta.
Máis información: