
A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables de 1 lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Erbecedo (Coristanco).
A poxa celebrarase o mércores 25 de febreiro de 2026 ás 19:00 horas no local social da entidade situado na parroquia de Erbecedo (Coristanco). A asistencia dos licitadores é opcional, se ben, polo mero feito de presentarse á poxa aceptan expresamente todas as condicións xerais e do aproveitamento descritas neste prego, así como, aquelas sinaladas no prego de prescricións técnicas e no manual de boas prácticas elaborados pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación para cada un dos lotes (e que xuntan como parte da documentación) e o resultado do procedemento de apertura de plicas.
As ofertas presentaranse ata as 14:00 horas do mércores día 25 de febreiro de 2026, na oficina da AFG en Santiago de Compostela (rúa do Vilar 33, 1º) en horario de 9:00 a 14:00 horas sendo válidas todas as ofertas presentadas en man ou recibidas por correo certificado ou mensaxería, antes das 14:00 horas do mércores 25 de febreiro. Despois das 14:00 horas non se recollerá ningunha oferta.
Máis información: