A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables dun total de 1 lote da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Malvas.
A apertura de plicas, levarase a cabo o domingo día 24 de marzo de 2019 ás 12:00 horas na Escola de Malvas (Tui). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse dende o día 18 de marzo ata o día 22 de marzo de 2019, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, sita no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas), en horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
Máis información aquí: Anuncio poxa Malvas marzo 2019