A Fundación Arume organiza Piñeiros’21: Iº Encontro intersectorial do piñeiro de Galicia, ‘Conectando monte, madeira e mercado’
O acto, que se terá lugar no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), servirá como lanzamento da marca Pino de Galicia e terá tamén como finalidade conectar a aquelas persoas, empresas, axentes e entidades que participan do desenvolvemento do sector da madeira.
A xornada comezará ás 15:45 con dúas mesas temáticas, unha dedicada ao monte e o recurso, poñendo o foco sobre as problemáticas e oportunidades de desenvolvemento das coníferas en Galicia, e a segunda centrarase no mercado, abordando a situación actual e as novas tendencias que marcarán o futuro da madeira.
Pódese consultar o programa
aquí.
A inscrición previa obrigatoria pódese facer
aquí.