Xornadas e video sobre a eliminación da herba da Pampa
O plumeiro da Pampa (Cortaderia selloana) é unha especie alóctona, orixinaria de rexións subtropicais de América do Sur, que tende a facerse dominante onde se instala e que despraza á vexetación existente, tanto autóctona como alóctona.
Co obxecto de mellorar as técnicas de control e eliminación desta planta, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán está desenvolvendo a Acción concertada AC2020-09 Estratexias e sistemas de eliminación do plumeiro da Pampa (Cortaderia selloana). Adaptación dun aplicador de herbicida de contacto, en colaboración con la Asociación Forestal de Galicia, e cofinanciado pola Consellería do Medio Rural e FEADER.
Dentro deste programa organízanse agora dúas xornadas abertas ao público:
- 27 de xaneiro en Tomiño (Centro Cultural Casa dos Mestres en Amorín)
- 28 de xaneiro na Pobra do Caramiñal (Auditorio do Museo Valle-Inclán)
As dúas xornadas serán de 10 a 13 h e incluirán unha sesión demostrativa de erradicación de Cortaderia.
Para asistir é preciso inscribirse por medio do formulario que se pode descargar aquí e que logo debe ser remitido ao enderezo: infolourizan.mr@xunta.gal.
Más información aquí.
O CIF de Lourizán ven tamén de publicar un vídeo sobre diferentes métodos de eliminación desta invasora, que se pode visualizar aquí.