ForestED.- Se publica un vídeo sobre las claras de abedul realizadas en Zas
Publícase un video onde se explican as cortas de bidueiro feitas no concello coruñés de Zas no outono de 2004 para obter madeira para as experiencias que se están levando a cabo no proxecto ForestED. Pódese visualizar o video en este enlace.
O bidueiro é unha especie autóctona en Galicia cunha superficie que vai en aumento, tanto de forma natural como por plantacións. Sen embargo, a pesar da súa abundancia, non existe unha industria de aproveitamento que lle saque partido.
No proxecto ForestED estase experimentando e probando a súa madeira para avaliar o seu potencial na construción e a industria do mobiliario. Esta é a razón deste rareo feito en Zas que se explica no video. A madeira extraída foi enviada a Cataluña para a súa análise.
Apostar polo bidueiro no só permitiría dar valor a unha especie autóctona, senón tamén fomentar os seu cultivo e unha xestión forestal sostible en Galicia.
Para máis información sobre a silvicultura do bidueiro pódese consultar no apartado de publicacións desta páxina web a Guía de tratamentos silvícolas para a produción de madeira de bidueiro escrita polo gran experto en bidueiro Juan José Villarino Urtiaga e publicada en 2004 pola Asociación Forestal de Galicia.
Para máis información sobre os traballos que se están levando a cabo dentro deste proxecto en Galicia pódese consultar este artigo publicado na revista O Monte.
O proxecto ForestED é unha iniciativa liderada polo Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña que conta coa participación do Consorci Forestal de Catalunya, do Centro de Ciencia y Tecnología Forestal de Cataluña e da Asociación Forestal de Galicia.
ForestED cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.