Próximos eventos – Asociación Forestal de Galicia

Cargando eventos

« Todos los eventos

  • Este evento ha pasado.

Taller de plantación e primeiros coidados de castiñeiro para froito

11/03/2022/16:00 - 19:30

PRAZAS COMPLETAS

Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo do Pico Sacro e en colaboración coa empresa Hifas da Terra, a Asociación Forestal de Galicia, co patrocinio de Inditex, organiza tres talleres de silvicultura do castiñeiro para a produción de madeira, cogomelos e castaña.

O segundo taller terá lugar venres 11 de marzo de 2022 e desenvolverase entre as 16:15 e as 19:30 h de acordo co seguinte programa:

 

16:00 a 16:15 h Recepción de participantes no Centro de Interpretación do Pico Sacro

SESIÓN TEÓRICA (1 h) 

  1. Programación e modelos de silvicultura. Asociación Forestal de Galicia
  • Aspectos clave na plantación: a elección do sitio e planificación
  • Preparación do terreo e primeiros coidados silvícolas
  1. Características e esixencias da planta. Hifas Foresta
  • Forma e calidade da planta
  • Variedades axeitadas
  1. Traballos de preparación do terreo. Felipe Macías, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela
  • Necesidades nutricionais do castiñeiro
  • Puntos importantes na analítica
  • Tipos de fertilizantes

SESIÓN PRÁCTICA (2 h)

  1. Prácticas no monte demostrativo
  • Apertura mecanizada de buratos
  • Toma de mostras de solo para analítica. Abonado
  • Plantación

Inscrición
O taller é gratuíto, pero todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán comunicalo previamente á oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).

Promove

INDITEX

Detalles

Fecha:
11/03/2022
Hora:
16:00 - 19:30
Categorías del Evento:
,

Lugar

Centro de interpretación do Pico Sacro
Lugar Cachosenande, 10
Boqueixón, A Coruña 15881 España
+ Mapa de Google

Organizadores

Asociación Forestal de Galicia
Hifas da Terra
    Talleres centrales
    Rúa do Vilar, nº 33, 1º 15705 Santiago de Compostela
    981 564 011
    Oficina Ponteareas
    Centro Cultural Xinzo, Portela, nº 34, 36891 Ponteareas.
    986 660 864