La Comisión Europea empieza a desarrollar los llamados créditos naturaleza
A Comisión Europea pretende poñer en marcha os chamados “créditos da natureza” para fomentar o investimento privado en accións que protexan e preserven a natureza, cos que se recompense a quen emprenda e invista nestas accións.
Os créditos da natureza permitirían investir en accións respectuosas coa natureza a empresas, institucións financeiras, entidades públicas ou persoas particulares, que a cambio, se beneficiarían de ecosistemas más limpos, menores riscos, unha mellor reputación e unha maior aceptación social dos seus proxectos.
Este iniciativa forma parte dunha ambición máis ampla da Comisión Europea de desbloquear novas fontes de financiamento para a restauración da natureza. Dado que o financiamento público por si só non bastará para facer fronte á magnitude dos investimentos necesarios, a Comisión Europea está estudando mecanismos innovadores, como os créditos da natureza, para canalizar capital privado cara a biodiversidade.
A CEPF (Confederación de Propietarios Forestais Europeos, da que a AFG forma parte a través da Confederación de Organizacións de Propietarios Forestais de España), xa participou en reunións coa Comisión Europea para estudar o desenvolvemento dun sistema de créditos da natureza que sexa crible e funcional.
A CEPF trasladou á Comisión Europea o punto de vista da propiedade forestal, estimando que:
- É preciso tomarse o tempo preciso para desenvolver unha base metodolóxica que permita unha aplicación deste novo mecanismo de maneira doada e atractiva.
- Un enfoque baseado no mercado pode funcionar se o marco dos créditos da natureza non é demasiado estreito ou complexo e segue sendo voluntario. Os créditos da natureza deben englobarse dentro da multifuncionalidade dos bosques, deben verse como un posible valor engadido, non como unha única ferramenta para a xestión forestal.
- É preciso aclarar a relación entre os créditos da natureza e os moitos outros avances da UE relacionados cos bosques. Entre outros, as prácticas forestais próximas á natureza, non deberían ser o único enfoque a través do que se aborde a xestión forestal nos créditos da natureza. Hai moitas prácticas de xestión forestal que coidan a biodiversidade e todas elas deberían ser ben consideradas.

