Enquisa da USC sobre servizos de asesoramento forestal
A Universidade de Santiago de Compostela solicitou a colaboración da Asociación Forestal de Galicia para difundir unha enquisa preparada dentro do marco do proxecto FORADVISE, que ten por obxectivo fortalecer os servizos de asesoramento forestal en Europa.
Pódese acceder a ela a través deste enlace. Para ver unha versión traducida hai que premer nos 3 puntiños que se ven arriba á dereita do navegador e seleccionar a opción “traducir”.
Responder o cuestionario leva uns 25 minutos, pero pódese parar de cubrir en calquera momento. Resulta máis cómodo responder desde un ordenador.
Todas as respostas serán tratadas de forma confidencial e empregadas unicamente con fins de investigación dentro do proxecto FORADVISE. Calquera información incluída en publicacións ou informes presentarase de forma agregada, como resumos ou táboas, ou como citas anónimas, e non permitirá identificar ás persoas participantes.
Para consultar calquera dúbida pódese contactar a unha persoa responsable a través do correo: huertas-bernal@fld.czu.cz

