XXXVI Xornadas Luis Asorey
Entre o 17 e o 27 de novembro terá lugar, un ano máis, o ciclo de conferencias das Xornadas Luis Asorey, que nesta ocasión están dedicadas a analizar os retos do sector forestal galego, as súas fortalezas e debilidades e o papel das especies frondosas.
Estas xornadas están organizadas pola Real Academia Galega de Ciencias, e dirixidas polo académico, e presidente da AFG, Antonio Rigueiro Rodríguez, que tamén pronunciará a primeira das conferencias o día 17 sobre os retos do sector forestal galego: cambio climático, incendios, moratoria do eucalipto…
Pódese asistir de modo presencial no salón de actos da Deputación de Lugo ou por Internet a través da canle de YouTube da Deputación.
O director da Asociación Forestal de Galicia, Xosé Covelo Míguez, participará este ano cunha conferencia o mércores 26 de novembro sobre “Oportunidades do asociacionismo cara a xestión sostible dos montes. Compensación de servizos ecosistémicos”.
Pódese descargar o programa e facer a inscrición nas xornadas on this link.

