Talleres de poda en xuño e xullo de 2023
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) continúa coa súa labor de formación de persoas silvicultoras, impartindo dous talleres de formación no monte demostrativo do Pico Sacro, no concello de Boqueixón.
O primeiro deles terá lugar venres 16 de xuño ás 17 h, e estará dedicado á poda de castiñeiro e nogueira para a produción de madeira de alta calidade.
O segundo desenvolverase na mañá do sábado 1 de xuño a partir das 10 h e centrarase exclusivamente na poda de castiñeiro para a produción de froito.
Estes talleres serán impartidos por persoal técnico especializado da Asociación Forestal de Galicia.
A asistencia é gratuíta pero é preciso preinscribirse previamente na oficina da AFG de Santiago de Compostela: 981 564 011, 618 752 214 ou afg@asociacionforestal.org, deixando nome completo e teléfono de contacto da/s persoa/s interesada en asistir.