O proxecto NATUR-SMART presenta os resultados e conclusións das actuacións realizadas en Piñor e Folgoso do Courel
The project NATUR-SMART chega ao seu fin tras dous anos de traballo e investigación arredor das novas oportunidades que poden xerar as actuacións agroforestais no medio rural. Baixo este epígrafe: conservación da biodiversidade a través de modelos de xestión agroforestal integrais e a creación de redes dixitais de tecido asociativo con enfoque de xénero, o proxecto cumpriu o seu obxectivo principal: conservar e mobilizar os servizos ecosistémicos agroforestais mediante a creación dun modelo de xestión integral e sostible que aumente a biodiversidade, a resistencia e a resiliencia das masas agroforestais, active a bioeconomía rural desde unha perspectiva de xénero e cree tecido asociativo entre os axentes clave do territorio unindo a oferta coa demanda a través dunha rede dixital para fortalecer o mercado de bens e servizos que ofrecen os ecosistemas naturais.
Os resultados poñen de relevo as enormes oportunidades do medio rural para dar respostas á conservación da biodiversidade e ao desenvolvemento da bioeconomía rural tendo en conta especialmente o apoio ás xestoras, propietarias e emprendedoras rurais e agroforestais.
Estes resultados foron presentados en tres xornadas, unha en Segovia (11 de decembro), outra en Cuenca (12 de decembro) e outra en Piñor e Amoeiro o 17 de decembro, a esta asistiron medio cento de persoas propietarias que participaron nas tres actividades da xornada: unha visita á agrupación forestal de xestión conxunta Entreoslameiros Lousado de Piñor, a empresa Maderas Rubén de Vilamarín e á xornada de presentación dos resultados do proxecto no Pazo San Damián en Amoeiro.
Modelos multifuncionais e servizos ecosistémicos
Ao longo destes dous anos, a Asociación Forestal de Galicia traballou nas zonas piloto de Piñor en Ourense e Folgoso do Courel en Lugo para establecer algúns modelos multifuncionais que poidan ser postos en marcha polas persoas xestoras ou propietarias agroforestais desas zonas. En concreto, na zona piloto de Vilar en Folgoso de Courel, en Lugo, formada por monte veciñal en man común e de particulares, leváronse a cabo varias actuacións para rexenerar a masa forestal cortada tras un incendio e potenciar o uso mutifuncional con distintos tipos de aproveitamentos forestais. Entre outros traballouse na recuperación dun antigo carreiro, fixéronse rozas, selección de rebentos e poda, a sega-roza de recuperación dun pasteiro e o establecemento dunha pequena plantación de plantas aromáticas e medicinais.
En Piñor, Ourense se constituíuse unha agrupación de xestión conxunta de montes de particulares, Entreoslameiros, na parroquia de Lousado. No monte predomina unha masa de piñeiro do país (.) de rexeneración natural na que se efectuou unha silvicultura preventiva de incendios e multifuncional, poñendo en valor los afloramentos graníticos intercalados e os muros de pedra que separan as parcelas. Conta tamén cunha masa de frondosas caducifolias, onde se eliminaron especies invasoras, o control do mato para reducir o risco de propagación de incendio forestal e favoreceuse a produción micolóxica da zona e o turismo da natureza. Esta masa poderá ser obxecto de aproveitamento de leñas para uso doméstico. Esta área ten un relevante interese protector da biodiversidade e do recurso hídrico e optará á certificación como servizo ecosistémico de biodiversidade.
Todas estas actuacións foron recollidas nun plan técnico de xestión que foi entregado á Administración forestal, asegurando a sostibilidade e viabilidade a longo prazo das intervencións propostas.
Para estas zonas piloto realizáronse tamén as valoracións dos servizos ecosistémicos de regulación do clima global e control da erosión. Tamén se valoraron economicamente os servizos ecosistémicos de polinización, de mantemento das poboacións e hábitats de cría e de recreación mediante o método de transferencia de beneficios.
A Universidade de Salamanca levou a cabo unha análise sistemática de 16 servizos ecosistémicos clave (de aprovisionamento, regulación, mantemento e culturais), identificando factores ecolóxicos, de xestión e de uso, así como indicadores biofísicos e métodos de valoración económica.
Estudo sociolóxico
As principais conclusións que se desprenden do estudo sociolóxico levado a cabo pola Universidade de Valladolid falan da menor presenza das mulleres nos lugares de ambas zonas e as súas maiores dificultades para atopar un medio de subsistencia onde desenvolver os seus proxectos rurais. Pese a todo, detectáronse algúns tecidos asociativos onde apoiarse e medrar. O estudo sociolóxico recolle datos sociodemográficos, caracterización territorial e o resultado da análise das entrevistas, grupos focais e as enquisas realizadas na comarca.
A entidade educativa mantivo distintos encontros con asociacións e axentes sociais vencellados ao sector forestal de Ourense e Lugo, e a Fundación Agroecosistema realizou unha formación sobre marketing digital dirixido ás asociacións da zona.
Oportunidades de negocio no rural
A Fundación Agroecosistema detectou cinco oportunidades de traballo no medio rural para persoas emprendedoras: profesional de traballos forestais aos que NATUR-SMART ofreceu a través de formación en liña unha planificación de negocio e sostibilidade económica con coñecementos técnicos e compromiso co territorio. Gandeiro ou gandeira en extensivo. Xestión del pastoreo de maneira eficiente e sostible, sen necesidade de posuír a terra, aproveitando a rendibilidade da carne de calidade e a crecente demanda de produtos locais e sostibles. Xestor ou xestora de terras agrarias. As persoas xestoras de terras agrarias recupéranas para poñelas en produción, sumando pequenas parcelas para crear explotacións rendibles e sostibles. O seu labor combina coñecemento técnico, uso de novas tecnoloxías, organización e capacidade para acceder a axudas ou créditos de carbono. Dinamizador ou dinamizadora territorial. As persoas xestoras territoriais colaboran con concellos e empresas na organización de feiras, eventos, campañas ou proxectos de dixitalización rural. Xestor ou xestora de sostibilidade. O futuro pasa por integrar economía e conservación. Este perfil desenvolve proxectos vinculados a créditos de carbono, custodia do territorio ou compensacións ambientais. Desde NATUR-SMART deseñáronse webinars de cada unha delas.
Plataforma web Al(i)dea
A Confederación de Organizacións de Selvicultores de España (COSE) deseñou unha ferramenta dixital que se chama Páxinas verdes agroforestais Al(i)dea. Un punto de encontro e un mercado virtual deseñado para conectar de maneira eficiente a oferta de bens e servizos entre empresas e autónomos do medio rural e agroforestal coa demanda específica da cidadanía e as persoas profesionais do sector, e así reforzar o tecido socioeconómico das zonas rurais. Está dividido en dous sectores segundo o interese da persoa usuaria: sector agroforestal e sector agroturismo https://alidea.natursmart.org
NATUR-SMART conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
- Na AFXC Entreoslameiros (Piñor)
- Na AFXC Entreoslameiros (Piñor)
- Na AFXC Entreoslameiros (Piñor)
- Na AFXC Entreoslameiros (Piñor)
- Na AFXC Entreoslameiros (Piñor)
- Na AFXC Entreoslameiros (Piñor)
- Visita a Maderas Rubén (Vilamarín)
- Visita a Maderas Rubén (Vilamarín)
- Presentación de resultados no Pazo San Damián (Amoeiro)
- Presentación de resultados no Pazo San Damián (Amoeiro)

![]()











