NATUR-SMART.- Presentación das Páxinas verdes Al(i)dea
O proxecto NATUR-SMART, presenta as Páxinas Verdes Al(i)dea un portal escaparate gratuíto para que os actores do medio rural poidan publicitar e consultar para ofrecer, contratar e comprar servizos ou produtos do medio rural.
Este novo escaparate (https://alidea.natursmart.org/) presentarase en Galicia nunha xornada por videoconferencia que terá lugar o vindeiro mércores 26 de novembro ás 19 horas, na que se pode inscribir gratuitamente a través deste enlace.
Durante a xornada tamén se presentará a “Rede intelixente: conectando axentes do territorio”, onde se explicará como esta rede facilita a vinculación e a cooperación entre diferentes actores do medio rural.
Ademais, abordarase como se promove a mellora do emprego, o emprendemento e a inserción laboral mediante a cooperación e a innovación na contorna rural.
XORNADA POR VIDEOCONFERENCIA
26 de novembro de 2025 ás 19 h
19:00 h – Benvida
19:15 h.- Mellora de emprego, emprendemento e inserción laboral
19:30 h.- Rede intelixente: conectando axentes do territorio
19:45 h.- Páxinas verdes Agroforestales: https://alidea.natursmart.org
20:00 h – Rolda de preguntas
NATUR-SMART has the support of the Fundación Biodiversidad of the Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) within the framework of the Recovery, Transformation and Resilience Plan (PRTR), financed by the European Union – NextGenerationEU.

![]()

