Inauguración en Pontevedra da exposición itinerante ForestED
Desde que iniciara a súa andadura hai dous anos, o proxecto ForestED foi avanzando paseniñamente ata ir achegándose neste momento ao seu fin.
Ao logo destes meses o Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña estivo traballando na elaboración de diferentes prototipos de pezas feitas a partir da madeira recollida nos montes galegos e cataláns.
Agora chegou a hora de presentar o traballo desenvolvido nestes dous anos para o que o 10 de novembro se inaugura unha exposición na Escola de Enxeñería Forestal en Pontevedra coas pezas elaboradas no proxecto,
Á inauguración seguirá unha xornada sobre a madeira de frondosas na construción de acordo con este programa.
A asistencia é gratuíta pero requírese inscrición previa on this link ou a través dos teléfonos 981 564 011 ou 618 752 214 .
Animamos a todas as persoas asociadas á AFG a asistir a este acto, ou polo menos a visitar a exposición que permanecerá aberta ata o 15 de decembro.
ForestED é unha iniciativa liderada polo Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña que conta coa participación do Consorcio Forestal de Cataluña, do Centro de Ciencia y Tecnología Forestal de Cataluña e da Asociación Forestal de Galicia. Está financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Para máis información sobre o proxecto ForestED prema here.
![]()
![]()

