A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables dun total de 2 lotes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Randufe (Tui).
A apertura de plicas, levarase a cabo venres día 28 de febreiro de 2020 ás 20:00 horas no Centro Cultural de Randufe (Tui). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
As ofertas presentaranse dende o día 24 de febreiro ata o día 28 de febreiro de 2020, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, no Centro Cultural de Xinzo. Portela 34, 36891 Ponteareas, en horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.