A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables dun lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parderrubias (Salceda de Caselas).
A apertura de plicas, levarase a cabo mércores día 8 de marzo de 2023 ás 20:00 horas no Centro Cultural de Parderrubias. A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse dende o día 28 de febreiro ata o 7 de marzo de 2023, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, situada no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas), en horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
Máis información: