A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables dun lote na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camboño (Lousame).
A apertura de plicas, levarase a cabo venres 25 de agosto de 2023 ás 19:00 horas na Casa da Escola de Camboño (Lousame) https://goo.gl/maps/AGoJKfKDLNRdvEJz7. A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.
Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse ata as 14:00 horas do 25 de agosto de 2023, na oficina da AFG en Santiago de Compostela (rúa do Vilar, nº 33, 1º) en horario de 9:00 a 14:00 horas (agás a semana do 14 ao 20 de agosto que a oficina permanecerá pechada), sendo válidas todas as ofertas presentadas en man ou recibidas por correo certificado ou mensaxería, antes das 14:00 horas do venres 25 de agosto. Despois das 14:00 horas non se recollera ningunha oferta.
Máis información: