Corta da madeira de probas do proxecto ForestED nos montes galegos
Ao longo do mes de novembro de 2024 a Asociación Forestal de Galicia levou a cabo as cortas previstas dentro das actividades do proxecto ForestED de mostras de carballo e castiñeiro nas zonas de estudo do proxecto. O 5 de novembro realizouse unha corta de castiñeiro no concello de Boqueixón, o 6 e 7 apeáronse carballos no Incio e o 11 e o15 e cortouse bidueiro en Zas.
A madeira extraída foi trasladada ás instalacións do Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña en Valldaura para ser procesadas e xerar as probetas e mostras que o Centre de Ciència i Tecnología Forestal de Catalunya analizará posteriormente para a transformación das madeiras extraídas das zonas de estudo en prototipos de compoñentes estruturais para a edificación.
Un dos principais obxectivos do proxecto ForestED é a obtención de novos produtos en madeira a partir de frondosas caducifolias como o castiñeiro, o bidueiro ou o carballo. A iniciativa oriéntase a xerar novos produtos para edificación, tanto estruturais como non estruturais (carpintaría de interiores, exteriores, etc.), así como materiais para mobiliario urbano.
Este proxecto é unha iniciativa liderada polo Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña que conta coa participación do Consorci Forestal de Catalunya, do Centro de Ciencia y Tecnología Forestal de Cataluña e da Asociación Forestal de Galicia.
ForestED conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Máis información en https://forested.es/