A Asociación Forestal de Galicia inaugura unha oficina de atención a socios en Pontevedra, no Centro cultural de Santa María de Xeve
O 6 de xuño, a Asociación Forestal de Galicia inaugurou en Pontevedra unha oficina de atención a socios que está ubicada no Centro cultural de Santa María de Xeve. O acto de apertura oficial incluíu unha conferencia do presidente da Asociación Forestal de Galicia e catedrático emérito da USC, Antonio Rigueiro, quen falou sobre o silvopastoralismo e a mellora de pastos a través de queimas controladas (pyric herbivory) como ferramentas de prevención de incendios forestais.
A nova oficina de atención da Asociación Forestal de Galicia complementa ás que xa ten a entidade en Ponteareas e Santiago de Compostela. O obxectivo da apertura da oficina de Pontevedra é darlle un servizo máis próximo ás persoas socias do norte da provincia de Pontevedra, tanto da propia comarca de Pontevedra como do Salnés, Caldas, Morrazo e Tabeirós-Terra de Montes. Tamén se lle prestará atención á área do Ribeiro–Arenteiro, na provincia de Ourense.
O servizo da oficina estará atendido por tres enxeñeiros forestais e por un capataz forestal, que previamente estaban noutras oficinas da Asociación Forestal de Galicia. Deste xeito, a nova oficina facilitará a consulta das persoas e comunidades socias, á vez que se facilita o traballo en monte do persoal da Asociación Forestal de Galicia, tanto na comarca de Pontevedra como nas próximas.
A Asociación Forestal de Galicia quere agradecer a boa acollida e apoio que tivo esta oficina por parte do Concello de Pontevedra e da comunidade de montes veciñais de Santa María de Xeve.
Desde a Asociación Forestal de Galicia agárdase asimesmo que a nova oficina de atención en Santa María de Xeve contribúa a ampliar o número de persoas socias no norte da provincia de Pontevedra, pois ofréceselles a propietarios forestais e comunidades de montes veciñais un servizo próximo de aconsellamento e xestión das súas propiedades.
A conferencia impartida por Antonio Rigueiro enmarcouse dentro das actividades de divulgación do COMPÁS: modelos de desenvolvemento rexional sobre herbivorismo pírico, unha ferramenta para a conservación ambiental e a fixación e protección da poboación. COMPAS it is coordinated by the Public University of Navarra in which the Galician Forestry Association (AFG), the Experimental Station of Zaidín de Granada (CSIC), the University of Santiago de Compostela and the Association of Shepherds for the Mediterranean Forest also participate.
COMPAS has the support of the Biodiversity Foundation of the Ministry for Ecological Transition and the Demographic Challenge (MITECO) within the framework of the Recovery, Transformation and Resilience Plan (PRTR), financed by the European Union – NextGenerationEU.