Desprazamentos de propietarios forestais que queiran vender madeira durante o estado de alarma
O Centro de Coordinación Operativa da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de abril, aprobou, a proposta das organizacións do sector forestal, un documento que servirá para xustificar os desprazamentos daquelas persoas que queiran vender madeira e precisen saír do confinamento para ir ensinala ás empresas interesadas na compra.
O modelo, que pode descargar neste enlace, xustifica o desprazamento por tratarse dunha actividade necesaria para asegurar a subministración aos ciclos industriais establecidos como esenciais na Lei 8/2011, do 28 de abril, pola que se establecen medidas para a protección das infraestruturas críticas, e segundo o artigo 18 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, por lo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. A empresa, ou empresas, interesada na compra da madeira deberá facilitarlle á persoa propietaria ou xestora da parcela onde se vai vender a madeira (ou representante dunha comunidade de montes veciñais en man común), este documento cuberto e asinado. O/a propietario/a forestal deberá levar consigo este documento para que poida xustificar o seu desprazamento ao monte co obxectivo de ensinar o lote a vender, exclusivamente. De efectuar algunha saída por este motivo, hai que ter en conta que son de obrigado cumprimento as medidas de prevención e protección establecidas para conter o COVID-19. |